jueves, 14 de enero de 2016

Gañadores dos concursos de Nadal

Outro ano máis rematamos o 2015 celebrando o noso "pequeno Nadal" no colexio. Coma sempre o noso alumnado, sempre tan participativo e creativo, presentouse tanto aos concursos colexiais (foto, postal, relato e vilancico), como aos organizados pola FAPA (relatos e postais). Os resultados foron os seguintes:

FAPA:
Postais
1º CICLO: Andrea Dono (2ºC)
2º CICLO: Patricia Vázquez (4ºB)
               Carlota Abad (4ºD)
Relatos
1º CICLO: Irene Bou (1ºB)
                Silvia Vázquez (2ºC)
2º CICLO: Paula Ramos (4ºD)
               
Concursos colexiais:
1º CICLO:  clase gañadora 2ºB
2º CICLO:  clase gañadora 3ºD
BACHARELATO:  clase gañadora 2ºC

E que mellor forma de comezar o novo ano que recollendo o premio a todo o traballo realizado? Así pois, as clases gañadoras desfrutaron dun tempo na pista de xeo do Marineda, onde o pasaron xenial a pesar dalgunha que outra caída.
A alumna Inés Gutiérrez fixo este vídeo onde podedes ver o ben que patinan. O ano que vén máis!