
ü Santa
Eulalia de Bóveda: conxunto arqueolóxico de época tardorromana, cuxa
importancia son os frescos conservados.
ü Casa do
Mitreo: restos dun antigo templo dedicado a Mitra dunha casa dun
centurión romano que conserva a súa antiga distribución.
ü Museo
Arqueolóxico Provincial: onde se interesaron por todos os restos arqueolóxicos
encontrados na provincia de Lugo, dende mosaicos, estelas, moedas, hasta obxectos
persoais como aneis, torques, etc..
ü Balnerio de
Lugo: edificado sobre as antigas termas romanas das que
se conservan os antigos vestiarios (apodytherium) e a palestra. Desde alí
tamén viron a antiga ponte romana sobre o Miño. Programado, pero a causa das
inundacións non puido ser visitado nesta ocasión.
ü Castro de
Viladonga: antigo castro romanizado con restos de presenza romana, e
estratexicamente ubicado dende un punto de vista do territorio.
ü Centro de
Interpretación da Muralla: onde os alumnos fixeron
unha visita interactiva das Muralla e puideron ver a súa estrutura e os
instrumentos de medición que os romanos empregaron para a súa construción.
ü Casa dos
Mosaicos: puideron comprobar no
centro de Lugo os restos dun patio porticado e dun hipocaustum (antiga fonte
calor romana).
A visita foi moi proveitosa tanto dende o punto de vista cultural como convivencial. Profesores e alumnos quedaron moi satisfeitos de ter pasado o día aprendendo moitos aspectos descoñecidos sobre os nosos antepasados romanos. Ademais, tiveron a oportunidade de coñecer o Colexio Marista de Lugo onde comeron. Ao serán emprenderon o camiño de regreso a casa.